O Instituto Cervantes de Tel Aviv presenta O condutor de autobús que quería ser Deus, a tradución ao galego, por parte de Moncho Iglesias, da obra de Etgar Keret, que foi publicada por Editorial Rinoceronte. No acto, este luns 22 de xaneiro ás 19:30, estarán presentes tanto o tradutor como o propio autor. Etgar Keret foi traducido a dezasete idiomas. Baseados nos seus contos, téñense feito máis de corenta curtametraxes, e algúns deles foron tamén adpatados para obras teatrais en Israel e noutros países. Se a alguén lle coincide pasar por Tel Aviv, o Instituto Cervantes está na rúa Shulamit, número 7. Iso si, advertimos de que a presentación farase en hebreo...