Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTA FIN DE SEMANA...

Sen entradas para ver a Micah

O cantautor estadounidense Micah P. Hinson chega a Compostela cunha grande expectación. O novo artista independente participa no ciclo Vangardas sonoras, da Fundación Caixa Galicia, e estará na sede de Compostela o venres 26 ás nove da noite. Precederao o tamén norteamericano Will Johnson, membro de bandas como South Saint Gabriel, The Undertow Orchestra ou Centro-matic. Se desexan asistir ao concerto e aínda non teñen entrada, terán que agardar a outra ocasión. Os pases están esgotados dende hai varias semanas. Tamén en Compostela, na sala Capitol, actúa o venres á noite a banda heavy da Rioxa Tierra Santa, que levan publicados oito discos en nove anos de traxectoria artística.

- 16:27 26/01/2007
Tags:

Na Coruña e Vigo, dobre oferta musical. Ao norte, no Playa Club está a partir da medianoite The Bongolian, e na sala Mardi Gras, dende as dez, The Homens estarán precedidos polos Gin Tonics. Mentres, na cidade do sur, estarán Zona Zero e Noishock na Fábrica de Chocolate, e Os Podridos na Código de Barras, a partir das once e media.

As salas de concertos do país ofrecen unha variada oferta musical para o venres á noite. Na Escarabajo, da Guarda, tocarán Alén a partir das once; na Clavicémbalo, de Lugo, Leite de Nai; no pub Gatos, de Melide, Mitocondrias, á unha; na Baranda, do Barco de Valdeorras, Transportes Hernández y Sanjurjo, ás once e media, e na DZine, de San Sadurniño, Pé de boi. En Ourense, o Café & Pop Torgal celebra o seu terceiro aniversario coa actuación de Paul Collins Beat e Boy Elliott.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: