Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EXPOSICIÓN DE GALIA BLANCO EN VIGO E LIBRO DE LOBATO NA CORUÑA

Agropop e zonas vellas

Galia Blanco presenta o mércores a súa mostra PoPsTales na sede do Centro Social Caixanova en Vigo. A exposición forma parte da serie Agropop e novas tecnoloxías, e está composta por pinturas de cores planas, brillantes, nas que se mestura a estética pop co mundo rural e inclúe referencias cinematográficas. A obra da artista, licenciada en Xornalismo pola USC, pódese visitar até o 18 de febreiro. O mesmo día preséntase na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña o libro O corazón das cidades. Cascos históricos de Galicia, editado con Lunwerg Editores e que amosa imaxes das zonas vellas do noso país a través da cámara do fotógrafo Xurxo Lobato.

- 10:25 01/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: