Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCURSO DO BLOG 'CHIRIMBOLOS E OURICELONTES'

Divertimento inverliterario con premio

Descubrir cales son os autores de dez frases e cal delas é a máis antiga ten premio. O blog Chirimbolos e Ourilocelontes, que mantén na rede Arale Norimaki, convoca o Divertimento inverliterario, un concurso para os meses máis fríos do ano co que se pode gañar un interesante premio: un vale canxeábel por unha copa no Curruncho ou un bocata no Orella, ambos os dous coñecidos locais composteláns, "amais de indubidábeis doses de prestixio e fama interestelar".

- 09:45 07/02/2007
Tags:

O prazo para deixar a resposta nos comentarios da entrada remata o venres 16, día en que se darán a coñecer a persoa gañadora e mais as respostas. Se quen acerte non ten tempo para se pasar pola capital galega e gozar do seu premio, non ten por que se preocupar, pois o vale non caduca até dentro de cinco anos, aínda que a partir dos tres meses está suxeito á liquidez da organización. Sóanvos estas frases?


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: