Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN CAIXA GALICIA

A voz de Dulce Pontes abre un ciclo en Ourense

Unha das máis recoñecidas cantantes portuguesas encherá coa súa voz o Auditorio Municipal de Ourense, este mércores 14 ás 20.30. Dulce Pontes comeza así un novo ciclo musical organizado pola Fundación Caixa Galicia, que traerá ás mellores voces femininas da lusofonía ao longo dos próximos meses a Ferrol, Compostela, Coruña e Lugo. Dulce Pontes aínda ofrece outro recital o 21 de febreiro, no renovado Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña. Con 15 anos de carreira ás súas costas, acaba de publicar novo disco, O coração tem três portas, no que reúne boa parte desta traxectoria.

- 11:07 07/02/2007
Tags:

Xa o 1 de marzo, no auditorio da sede da Fundación Caixa Galicia no Cantón, actuará Cristina Branco, coa súa doce mestura de fado tradicional, composicións propias e cancións populares portuguesas, sobre todo do repertorio do Zeca Afonso. Máis fado: Katia Guerreiro estará o día 7 no Teatro Jofre de Ferrol, e o 8 no Círculo das Artes de Lugo. Dende Caboverde chegarán os ritmos de Lura, o 16 de marzo, ao local da Fundación Caixa Galicia en Compostela.

A música de alén Miño chega de novo ao Auditorio Municipal ourensán o 22 de marzo, cun concerto de Mafalda Arnauth, e o ciclo remata coa mozambicana Mariza, criada no corazón do fado, o barrio lisboeta da Mouraria. Estará no Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña o 17 de abril.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: