Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XIII XORNADA DE RADIO INTERESCOLAR

De novo, téndese unha ponte nas ondas... e na rede

Xa van alá doce anos dende que tivo lugar a primeira experiencia deste tipo. Agora, Ponte... nas ondas!, convoca a XIII edición da xornada de radio interescolar para o 1 de xuño. Ademais, este ano a ponte percorrerá as ondas e máis a rede: internet vai ser praza, espazo de intercambio, feira do patrimonio. O fío condutor segue a ser a cultura galego-portuguesa. A Asociación continúa co traballo que comezou a desenvolverse en 2002 sobre o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Demandan a integración deste patrimonio no sistema educativo de Galiza e do Norte de Portugal.

- 11:57 08/02/2007
Tags:

Todos os centros escolares están convidados a tecer "mallas invisíbeis que atrapen nelas as voces nas que a nosa se cultura común se expresa. A riqueza do patrimonio inmaterial é o tema no que enredar: as tradicións tráense á modernidade por medio das ondas, e este ano tamén da rede. Esta edición pretende tecer a primeira rede virtual do patrimonio inmaterial galego-portugués, de cara ás novas xeracións.

Poden participar todos os centros públicos de ensino de Galiza e de Portugal de todos os niveis (Ensino Infantil, Primario, Secundario, Profesional e Universitario), con programas de duración máxima de 20 minutos, ou, se é un programa conxunto entre centros, 35 minutos. Tamén poden participar centros do ámbito lingüístico da lusofonía e da rede AIRE (Asociación Internacional de Radios Educativas ) xunto con centros de outros países de América e de África.

Os programas serán gravados e enviaranse por correo ordinario ou electrónico en calquera dos formatos dixitais (MP3, WAW) e en calquera soporte (cedé, correo electrónico, minidisc, etc. ), antes do 30 de abril. Pero antes cómpre formalizar a inscrición, cubrindo e enviando a ficha de participación antes do 16 de marzo. Haberá agasallos para todos os centros participantes e premios especiais para os programas conxuntos entre centros galegos e portugueses ( ou do ámbito da lusofonía ).

O gran día
E o día da emisión de Ponte... nas ondas!, farase sobre todo a través de internet, aínda que a xornada comezará nos estudos das emisoras de radio, dende as 10.00. Unha vez rematada a a xornada, poderemos escoitala en www.pontenasondas.org en formato Pod Cast.
Segundo vaian sendo recibidos os programas, irase elaborando unha grella coa programación que estará visíbel na web desde comezos de maio. E xa durante a emisión realizaranse diversos concursos a través da web, lanzando actividades para a participación interactiva, manteranse varias salas de chat e un foro de participación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: