Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTE SÁBADO, SESIÓN DE VIDEOPOEMAS

Poemas para ver e oír no Ateneo pontevedrés

O Ateneo de Pontevedra reúne este sábado 24 de febreiro no Centro Social Caixanova a algúns dos principais representantes galegos da creación videopoética, nunha xornada de intercambio de experiencias e proxección de obras. De 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 poderemos mirar e escoitar poemas de Yolanda Castaño, Antía Otero, Estevo e Davide Creus, Ledicia Costas, María Lado e Lara Bacelo. Estas dúas son, ademais, as condutoras do evento. Aquí podemos gozar da primeira parte do documental de Lara Bacelo, Os ollos da cidade:

- 08:47 23/02/2007
Tags:

Versos a 25 fotogramas por segundo. A tecnoloxía posibilita novas canles e formas de expresión para a poesía. Autoras como María Lado, Antía Otero e máis Sara Jess, que prefire ser coñecida por este seu pseudónimo cibernético, teñen unha actividade regular na rede por medio de cadanseu blog. A fotografía, o deseño gráfico, o son e o vídeo son ferramentas importantes no seu traballo creativo.

Ao longo desta xornada poderemos ver O vídeo da egoísta, de Yolanda Castaño; vídeo gañador do Festival de Curtametraxes do Concello de Santiago Compostela Curtocircuíto 2004 na sección de videocreación; o documental Os ollos da cidade, de Lara Bacelo; A miña vida é unha caixa de zapatos, do que Ledicia Costas é protagonista e realizadora; Extremas e Sombras 06 de María Lado, e tamén traballos de Antía Otero, e Estevo e David Creus. O día rematará cunha festa recital no Jazz Club Night and Day ás 23.30, cita na que tamén participarán Pepa Yáñez e Davide Salvado, Lucía Aldao e Estíbaliz Espinosa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: