Vímoslle contando habitualmente dos problemas provocados na rede polo crecente volume de correo lixo. As análises apuntan que aproximadamente a metade das mensaxes que circulan no Estado son ‘non solicitadas’. As cifras terían aumentado un 80% no 2002 e irían camiño de dispararse no 2003. Son varias as campañas lanzadas para despregar medidas de control. Con motivo do ‘Día Europeo contra o spam’, Yahoo vén de promover unha nova iniciativa neste sentido.
.