Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA

Francisco Castro gaña o Blanco Amor de novela con 'Punto Com"

O Premio Blanco Amor de novela, un dos máis emblemáticos e onerosos da literatura galega, foi fallado este mediodía no concello de Neda. O gañador é o escritor e blogueiro vigués Francisco Castro, cunha novela que vira ao redor do "mundo cibernético", cun estilo "funk e irónico", e que, en palabras do xurado "racha moldes" no panorama da narrativa galega. Francisco Castro naceu en Vigo en 1966 e foi autor de A xeración perdida ou Un bosque cheo de faias, e dende hai un ano mantén o blog A Canción do náufrago. Para Castro, a novela é unha reflexión sobre o mundo da empresa e do traballo, "e sobre internet e a soidade, sobre esas persoas que viven conectadas ao mundo por unha webcam ou o correo electrónico". O premio Blanco Amor de novela organízano os concellos de Galiza e neste ano contou co apoio de 54 entidades municipais.

- 13:49 27/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)