Como era de esperar, a primeira tirada da Volta a Mallorca decidiuse no esprín final. Óscar Freire, do Rabobank, acadou unha axustada vitoria nunha xornada histórica para o ciclismo galego. David García foi o home destacado do Karpin Galicia na data da estrea do conxunto na competición oficial. O de Marín é, grazas a un segundo e terceiro posto nos espríns intermedios, segundo na clasificación xeral desta categoría con tres puntos. O galego, que atravesou a liña de meta no posto 65, xa anunciaba esta semana que ía loitar por destacar nesta primeira tirada da cita. Os outros nove corredores do conxunto galego entraron co pelotón polo que manteñen o mesmo tempo que Freire.
Clasificación da primeira tirada
1º 58 FREIRE, Óscar ESP RABOBANK 01:57:08
2º 53 ROJAS, Jose Joaquin ESP CAISSE D'EPARGNE mt.
3º 24 MIKHAILOV, Guennadi RUS ASTANA mt.
4º 165 FERNANDEZ, Koldo ESP EUSKALTEL-EUSKADI mt.
5º 122 GASPAROTTO, Enrico ITA LIQUIGAS mt.
16º 228 DOMINGUEZ, Gustavo GZ KARPIN-GALICIA mt.
65º 222 GARCIA, David GZ KARPIN-GALICIA mt.
87º 229 LASA, Gaizka ESP KARPIN-GALICIA mt.
97º 230 ABAL, David GZ KARPIN-GALICIA mt.
107º 220 MOSQUERA, Ezequiel GZ KARPIN-GALICIA mt.
132º 224 FERNANDEZ, Luis GZ KARPIN-GALICIA mt.
138º 218 NOZAL, Isidro GZ KARPIN-GALICIA mt.
140º 227 SALGUEIRO, Enrique GZ KARPIN-GALICIA mt.
159º 223 TRONCOSO, Ramon GZ KARPIN-GALICIA mt.
175º 226 RABUNAL, Gonzalo GZ KARPIN-GALICIA mt.
183º 39 PEREIRO, Oscar GZ CAISSE D'EPARGNE mt.
Clasificación xeral espríns intermedios
1º 114 SIEBERG, Marcel GER TEAM MILRAM 6 P.
2º 222 GARCIA, David GZ KARPIN-GALICIA 3 P.
3º 143 VAITKUS, Tomas LTU DISCOVERY CHANEL 2 P.