Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 21 AO 25 DE MARZO, EN TUI

Novas actividades no Play Doc

Nesta terceira edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, poderemos ver vinte e sete documentais do 21 ao 25 de marzo no Teatro Municipal. Quince deles na sección oficial, dous ciclos dedicados á globalización, un, e ao medio ambiente, o outro, e a sección Foco Galicia, na que concorren cinco producións galegas, integran o certame. Como novidade, Play-Doc participará na produción dun documental por medio do novo taller Play-Avid.doc, concibido como un proceso de selección permanente, no que os gañadores terán a opción de converter o seu proxecto nunha longametraxe documental. Ademais, poderemos visitar o espazo expositivo dedicado ao controvertido e polifacético artista norteamericano Ron English, e ver o documental POPaganda. The Art and Crimes of Ron English. Para ir abrindo boca, podemos ver aquí a este artista en acción:

- 16:17 15/02/2007
Tags:

Ademais, Play-Doc inclúe actuacións en directo dos protagonistas dos documentais presentados na sección de música: dende Bosnia Herzegovina, ‘Ljiljana Buttler, e a Mostar Sevdah Reunion’, un dos principais referentes da música balcánica de hoxe en día. Non han faltar actividades encamiñadas á formación, a cargo de varios persoeiros do audiovisual en Europa e dirixidas a realizadores e profesionais do medio. O Play-Doc é xa un dos certames de documental de creación referenciais na Península.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: