Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A WEB DE "DE PROFUNDIS" LOGRA O NOVO PREMIO NET-ART

Eganet sinala o mellor da internet galega

Presentada por Belén Regueira, a gala de entrega dos cuartos premios EGANET non trouxo sorpresas. Mancomun.org levou o galardón de software libre.

Manuel Vilas - 10:09 30/03/2007

A xornalista da Radio Galega Belén Regueira presentou onte en Santiago a cuarta edición da gala dos premios que conceden as Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet). Na categoría de software libre gañou Mancomung.org da Consellería de Innovación e Industria. Mancomun é a iniciativa pública galega a prol dos programas de código aberto. Na mesma categoría competía o centro de ensino secundario de Marín Chan do Monte, berce do tradutor aberto Traducíndote e que migrou todos as súas aplicacións a programas libres.

Outro proxecto da Consellería de Innovación e Industria, o Plano Estratéxico da Sociedade da Información (PEGSI) conseguiu o premio especial que distingue a “entidade ou personalidade galega que máis contribúe a dar a coñecer e impulsar a realidade galega no contorno Internet”.

Primeiro premio Net-Art
Unha das novidades desta edición era a categoría Net-Art, que distinguía proxectos multimedia na rede. A compañía de Vigo Interacción conseguiuno pola páxina oficial da longametraxe 'De Profundis'. No apartado galardón á comunicación web o premiou foi para Editorial Compostela S.A. polo portal de El Correo Gallego.

A compañía Imaxin Software conseguiu o premio na categoría de comunicación institucional pola súa campaña 'Keco e a busca da Ecopanda' para a Consellería de Medioambiente. O foro Tadega fíxose co premio á tecnoloxía accesible por un sitio web sobre a diversidade.

Premian as reservas hoteleiras de Compostela
O xurado seleccionou na categoría de comercio electrónico a Turismo de Santiago, polo sitio web Compostur que permite aos viaxeiros realizar reservas e consultas sobre a súa estanza na capital galega.

A axencia
La Nuestra Comunicación Publicitaria de Oleiros veu premiado o seu proxecto de fomento da Formación Profesional 'E logo ti, ¿que vas facer?'. Esta iniciativa logrou o premio á mellor campaña publicitaria . A empresa Satdata Telecom de Culleredo, co seu sistema de localización mediante GRPS, foi a vencedora no apartado de Mellor Aplicación Online.

Por último, na categoría Iniciativa gañou a empresa Quobis Networks, de Porriño (Pontevedra) pola integración de sistemas IP.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: