 
O triunfo da galega axudou a que o Cidade de Lugo-Fluvial se adxudicase o título de Campións de España.
Este sábado celebrouse na Casa de Campo de Madrid unha nova edición do Campionato de España Cadete de duatlón. A atleta do Cidade de Lugo-Fluvial Melina Alonso Aradas fíxose co título e sucede así á tamen galega Sara Velo, do Carballo, gañadora o ano pasado. 
 
 Melina dominou con autoridade a proba, un circuíto de tres quilómetros de carreira a pé, dez de ciclismo e outro quilómetro e medio de carreira. A galega utilizou 36 minutos e 7 segundos para completar o percorrido, 55’’ menos que a segunda clasificada. 
 
 O triunfo de Melina, sumado ao cuarto posto de Andrea Vázquez Núñez e ao quinto da viveirense Iris Toral, fixo que o Cidade de Lugo se proclamase con claridade Campión de España Cadete, cun tempo de 1.51:04, fronte aos 1.53:53 do segundo club clasificado, o Prodesport Gandía. 
 
 Na categoría cadete masculina, o ferrolán Alejandro Pérez acadou a vitoria cun tempo de 31 minutos e 47 segundos, 4 segundos menos que o tamén galego Álvaro Vilela.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto