Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A pé de praia, en Montalbo

Medio Ambiente pode paralizar a construción de 40 chalés en Sanxenxo

A construción fora aprobada en vésperas da votación no Parlamento da Lei do Litoral. Hai apenas unha semana, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible ordenou ao Concelloa paralización doutros 161 chalés na Praia de Magor que foran aprobados no mesmo pleno.

Redacción - 11:35 30/06/2007

O Concello dera vía libre aos dous proxectos sen contar co informe de avaliación ambiental estratéxica, que lles é requirido a todas as actuacións urbanísticas que non fosen aprobadas definitivamente antes da entrada en vigor da Lei do Litoral. A Dirección Xeral notificou ao concello que iniciarán accións legais de non cumpriren co requirimento de anulación do plan parcial do complexo residencial de Magor, na parroquia de Noalla. O Concello ten até o 22 de xullo para cumprir coa petición.

Esta resolución foi emitida o 21 de xuño, e agora prevese unha semellante para Montalbo. Medio Ambiente dispón de 15 días para pedirlle ao goberno local que revogue o acordo adoptado en maio. De non ser así impugnaría o proxecto de Montalbo perante o Contencioso-Administrativo.

A alcaldesa, Catalina González, apuntou que os servizos xurídicos municipais están a analizar o requirimento da Xunta, e que hai varias posibilidades. Lembrou que estes proxectos non son os únicos afectados pola Lei do Litoral.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: