Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Actos do seu 40º cabodano

O goberno cubano crea a cátedra 'Ernesto Che Guevara' para divulgar a súa obra

Co fin de contribuír a profundar nos estudos e divulgación da súa obra

Redacción - 17:30 08/10/2007

O Ministerio de Industria Básica de Cuba (MINBAS) inaugurou esta fin de semana a cátedra Ernesto Che Guevara co fin de contribuír a profundar nos estudos e divulgación da obra do lendario guerrilleiro arxentino-cubano no 40º aniversario da súa morte en Bolivia.

O presidente da cátedra, Antonio de los Reyes, dixo que coa creación da cátedra ábrese un permanente espazo de reflexión e debate sobre a achega do Che ao desenvolvemento da industria cubana.

Ernesto Che Guevara, un dos comandantes da guerrilla da Sierra Maestra en Cuba, ocupou ao triunfo da revolución en 1959 importantes cargos no goberno da illa, entre estes, o de ministro de Industrias en 1961.

"Temos o propósito de impregnar nos nosos cadros e traballadores a perspectiva integradora, económica, política e humanista dese revolucionario exemplar", sinalou De los Reyes durante o acto de apertura da cátedra.

Explicou ademais que se encargará de convocar e desenvolver cada ano o taller sobre o pensamento guevariano e o seu accionar na construción do socialismo, segundo o acta de constitución lida por Deisy Pineda, directiva do MINBAS.

No acto tamén interveu Orlando Borrego, un dos máis próximos colaboradores de Ernesto Che Guevara cando estivo á fronte do Ministerio de Industrias, e chamou a manter a 'sistematicidade' no traballo das investigacións do sector.

Na sede do ministerio de Industria Básica tamén foi inaugurada a exposición fotográfica Nuestro Che co gallo do seu cabodano.


4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O Che foi ministro de Industrias. Na imaxe o antigo ministerio
O Che foi ministro de Industrias. Na imaxe o antigo ministerio