Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Grandes espectáculos do Xacobeo en Oleiros

O conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, di que Oleiros acollerá dous dos mellores espectáculos do Xacobeo. Alí actuarán Mike Olfield, Van Morrison, Luar na Lubre e a Filarmónica de Brno.

- 11:10 18/03/1999
Tags:

O día 31 de Xullo actuarán na praia de Santa Cristina Mike Olfield, Van Morrison e Luar na Lubre.

O concello tamén acollerá un concerto da Orquesta Filarmónica de Brno, que interpretará a "Música acuática" de Haendel, nun acto que estará combinado cun espectáculo de luz e son.

O conselleiro dixo que se estaba facendo un gran esforzo pola descentralización dos actos para conseguir unha maior distribución no percorrido do visitante para que teña unha estancia media de 72 horas en Galicia.

Tamén mencionou as numerosas actuacións que se celebrarán na cidade de A Coruña e outros concellos da bisbarra, coma Sada, Miño e Betanzos.

O conselleiro fixo a presentación en Oleiros invitado por Xesús María Fernández Rosende, candidato do PP á alcaldía do concello. Manifestou que no caso de que o invitara a alcaldesa, tamén viría facer unha presentación do Xacobeo.

Roberto Catoira


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: