Coa presentación do libro Máis que nós ninguén, sobre os 115 anos de historia da entidade.
O Centro Galego de Barcelona celebrará unha "Homenaxe aos Fundadores do primeiro Centro Galego de Barcelona fundado no 1.892". O acto, ao que asistirá o Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, o Sr. D. Manuel Luís Rodríguez González, consistirá na entrega dun agasallo aos descendentes dos socios fundadores e do descubrimento dunha placa na súa honra.
Tamén se presentará o libro Máis que nós ninguén que recompila os 115 anos de historia do Centro Galego de Barcelona.
Homenaxe aos Fundadores do primeiro Centro Galego de Barcelona
Sábado, 24 de novembro, 13 horas
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37 | 08002 Barcelona