 
A imaxe, tirada hai catro anos, amosa o que parece ser un humanoide no deserto de Marte.
 
											O suposto marciano / NASA
Na rede teñen cabida as teorías máis estrañas. Desta volta, unha fotografía tomada pola sonda Mars Spirit hai catro anos está a espertar os soños de moitos internautas fascinados pola posibilidade de contar cunha imaxe dun auténtico marciano. A foto amosa o que parece ser un corpo paseando nunha revirada postura polo medio das dunas do planeta vermello. Os máis fantasiosos xa aseguran que se trata dun 'bigfoot', ser enorme e peludo que disque vive nas montañas dos Estados Unidos.
Porén, na información publicada polo xornal británico Daily Telegraph, o único que se dá por seguro é que é un obxecto de forma humanoide. Quizais só unha rocha? Nun vídeo realizado polo mesmo medio lémbrase outro dos detalles "misteriosos" de Marte: a famosa cara que resultou ser un exquisito xogo de luces e sombras nunha meseta. Será todo froito da susceptíbel percepción humana?
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto