Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MÚSICA LIBRE

"Queimada dixital" en Boiro

Membros da Rede de Dinamización da Sociedade da Información ensinarán o venres 29 a atopar e gravar música de balde na rede.

Redacción - 17:45 28/02/2008

O 29 de febreiro haberá unha "Queimada dixital" no Centro Social de Boiro. De seis a nove da noite, poñeranse á disposición do público dez equipos informáticos con conexión de banda larga para fomentar a descarga de música legal de balde que se distribúe na rede. A iniciativa, primeira deste tipo que se desenvolve na comarca do Barbanza, está organizada pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información, que depende da Dirección Xeral de Promoción Industrial da Consellaría de Innovación e Industria.

Os dinamizadores proporcionaranlles aos usuarios un directorio de páxinas onde atopar música libre, e explicaranlles como escoitar e descargar as cancións escollidas. Para rematar, agasallarán cun CD a cada asistente para que poidan gravar a música e levala consigo mediante software libre. A inscrición poderase facer o xoves 28 á tarde ou no momento de comezo da "queimada".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: