Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONSORCIO AUDIOVISUAL

As webs de producións audiovisuais galegas recibirán até 80.000 euros de axudas

A quinta convocatoria das subvencións quere contribuír a que as creacións do país compitan en pé de igualdade na rede.

Redacción - 19:36 07/04/2008

O DOG deste luns publica a quinta edición das axudas do Consorcio Audiovisual de Galicia á promoción de producións audiovisuais a través da rede. A iniciativa conta cun orzamento total de 80.000 euros.

Segundo explica o Consorcio, o plan pretende que as produtoras galegas poidan competir en condicións de igualdade na web coas producións estaodunidenses, que dominan as salas cinematográficas.

O prazo da convocatoria, que está aberto até o 1 de decembro, cubrirá até o 40% do presuposto da web. Nas anteriores catro convocatorias saíron beneficiadas das axudas 41 webs, que superaron as 200.000 visitas.

As bases da convocatoria están dispoñíbeis na web do Consorcio.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: