 
 
O sitio, que xa se pode consultar no móbil, nace como un pequeno manual de primeiros auxilios.
 
											A aula de produtos lácteos de Lugo vén de presentar unha proposta pioneira no eido da prevención de riscos laborais e da informática aplicada. Os alumnos desenvolveron este proxecto no marco do terceiro obradoiro de traballo da APL. 
  Este servizo permite resolver, co móbil, calquera accidente de traballo. Para acceder a el, só hai que premer no menú do móbil -ou PDA- na opción para navegar na Internet que ofrece o noso servidor de telefonía e escribir a dirección www.riscoslaborais.net/movil. Alí poderemos ver un listado de posíbeis riscos laborais e, premendo no correspondente, acharemos o protocolo que debemos seguir. 
Un exemplo 
   En caso de convulsións epilépticas, o programa indica EPILEPSIA: Afección crónica caracterizada por crises convulsivas. Actuación: Despexar o contorno de calquera obxecto que poida ferir ao 	enfermo. Colocar unha manta ou roupa debaixo do afectado para 	protexelo dos golpes. Poñer un anaco de madeira o algo duro entre os dentes 	para que non se morda a lingua.  	  
  Trátase dun produto pioneiro posto que é a primeira vez que se presenta unha solución destas características en España. Este terceiro taller de traballo foi financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellaría de Traballo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto