 
Máis de medio milleiro de podcasteiros de toda Europa compiten polo recoñecemento dos internautas.
 
											É a primeira ocasión na que se organiza este certame, coa intención de buscar os mellores falangullos do continente europeo. Unha práctica internáutica que, recordámoslles, posibilita deixar pensamentos e reflexións a disposición da rede sen necesidade de bater moito na tecla, ofrecendo pezas de audio gravadas polo seu autor. Unha variante complementaria da radio en liña para a que existen interesantes ferramentas de balde coas que editar os arquivos con axilidade, o Audacity é a máis coñecida.   
  
  A presenza galega neste European Podcast-Award: C'mmons baby!, o podcast sobre músicas libres do ictioscopio; Cousas, o novo falangullo de Francisco Dans; Actualidad Científica e Audioguías, dos Museos Científicos Coruñeses; A nosa biblioteca, podcast da biblioteca do IES As Mariñas; Tazzito.com, o screencast de Rubén Fontela; O caixón, os podcasts do CEIP Sigüeiro; areias sonoras, falangullo persoal do homedareia aka ictioscopio e Pataca Minuta, o podcast da Gelical. 
  
  Recomendámoslles visitar o espazo Podgalego.org para saber máis do mundo falangulleiro.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto