Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DESENVOLVEMENTO WEB

Unha empresa coruñesa pon en marcha un servizo de fotoblogs 2.0

iFotoAlbum, da compañía Igasoft, anúnciase como o primeiro do país en responder ás características da web social.

Redacción - 11:30 06/04/2009

Unha empresa coruñesa acaba de desenvolver o primeiro sistema de fotoblogs 2.0 creado no país. Chámase iFotoAlbum.net e é unha aplicación web da empresa Igasoft. Aínda que o portal xa existía dende o ano 2005, foi agora cando se reconverteu para darlle o enfoque de rede social que caracteriza a web 2.0.

Segundo explican os seus responsábeis, o novo servizo pretende aproveitar as características das redes de fotoblogs de máis éxito e engadirlles as últimas innovacións da web 2.0. Así, ademais de permitir a inclusión dunha fotografía e dun texto cada día, iFotoAlbum permite adxuntar vídeos e audio para completar as entradas diarias.

Ademais, prevén ir engadindo novas funcionalidades, tamén como parte da filosofía 2.0. Entre as materias pendentes está ofrecer unha versión en galego, pois actualmente está exclusivamente en castelán.


2,14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: