 
 
O sindicato propón un plan de choque contra a crise baseado no Acordo polo Emprego e no Plan de Competitividade.
A revitalización do diálogo social "como mellor instrumento para sacar Galiza da situación en que se atopa" é esixencia destacada por Comisións Obreiras (CCOO) á luz das últimas cifras sobre o desemprego no país. O sindicato recomenda o cumprimento das iniciativas recollidas no Acordo polo Emprego e no Plan de Competitividade e propiciar un plan de choque contra a crise "que amplíe a protección por desemprego das persoas que esgotan as prestacións, que incorpore medidas destinadas a favorecer a liquidez das empresas para garantir a súa viabilidade e o mantemento do emprego". 
  Desde a Secretaría de Emprego, Economía Social e Autoemprego de CCCO avalían que o descenso "posibelmente se deba ao impacto da Semana Santa e do Plan Zapatero". Con todo, recordan tamén que en termos interanuais, medra o desemprego en 50.913 persoas, un 31,87.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto