Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROPOSICIÓN NON DE LEI DO BNG

O Senado solicita que os futbolistas de elite non tributen ao 24%

O texto pide que se revise o artigo 93 da lei do IRPF, pensado para atraer persoal cualificado estranxeiro, e que non se aplique a partir dun límite de ingresos.

Redacción - 17:30 01/10/2009

A Comisión de Economía do Senado aprobou por unanimidade unha proposición non de lei impulsada polo BNG e pactada cos demais grupos para que o goberno español "valore a posibilidade" de limitar a "aplicación indiscriminada" do réxime fiscal especial do que se benefician futbolistas e deportistas de elite estranxeiros, a coñecida como 'Lei Beckham'.

Aínda que o BNG pedía inicialmente a supresión deste réxime especial para os salarios superiores aos 55 mil euros, que tributan a un tipo do 24%, o senador Xosé Manuel Pérez Bouza amosouse satisfeito co acordo "unánime" da cámara alta, por supoñer un "primeiro paso". Hai meses o PSOE rexeitou unha iniciativa semellante presentada por IU-ICV.

O texto consensuado introduce a precisión de que só se limitaría a aplicación do réxime especial no caso de que se perciban "retribucións por importes elevados", e sen prexudicar a "competitivade" da economía do Estado Español. Insta, deste xeito, a analizar se é axeitado o artigo 93 da lexislación do IRPF, en relación coa tributación que se aplica en estados veciños para favorecer a contratación de persoal cualificado estranxeiro. Precisamente, o que se pretende é facer unha distinción entre o caso de investigadores, científicos e outro persoal cualificado e o dos futbolistas, que cobran cantidades máis elevadas.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: