 
 
A coordinadora executiva do BNG salienta a "xestión transformadora" do goberno Lula durante estes oito anos.
Como coordinadora da executiva do BNG, Teresa Táboas asistiu esta semana no Brasil como convidada á cita congresual do Partido dos Trabalhadores (PT). Táboas trasladoulle aos militantes e dirixentes do PT os parabéns do Bloque "polo traballo realizado estes anos por Lula e pola liña continuista para consolidar estas políticas que vai seguir a nova candidata Dilma Rouseeff".   
  
  Táboas, que interveu no acto de apertura, mencionou as "coincidencias con algúns dos postulados nacionalistas", salientando o que ten a ver coa "firme aposta polas políticas sociais ou pola valorización da produción cultural propia, que en Galiza, porén, están sendo tan deostadas polo goberno do PP". A deputada galega afirmou que o Brasil de Lula demostra que "outra forma de facer política é posíbel" e subliñou a aposta por un modelo que "prioriza os servizos sociais" e obtén logros tan importantes como "a fonda transformación" que experimentou Brasil os últimos anos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto