 
 
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) examina a "amarga derrota" de Sarkozy e o futuro de cara a 2012.
 
											Sarkozy, o gran derrotado
"O test electoral celebrado entre o pasado 14 e 21 de marzo determinará a evolución do panorama político francés de cara aos comicios presidenciais de 2012, onde o mandatario Sarkozy espera postularse para a reelección", consideran desde o Igadi. 
  O último número do Igadi Paper, o instrumento de análise e información do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, "destinado a afondar de forma equilibrada e sintética nalgún conflito, acontecemento ou tendencia internacional de relevancia e actualidade", debulla as pasadas eleccións rexionais en Francia. 
  
Consideran que o Partido Socialista (PS) se converteu no "gran protagonista" destes comicios, logo de lograr perto do 30% dos votos a nivel individual, que se incrementou até o 54,3% após se concretar unha alianza con outros partidos de esquerda na segunda volta. 
  
Ademais, tamén botan o ollo ao avance dos movementos nacionalistas e autonomistas, que segundo o Igadi podería contribuír a abrir o debate constitucional para avanzar na "descentralización administrativa" e no "recoñecemento dos dereitos lingüísticos e culturais das consideradas 'nacións sen Estado', como son os casos corso, occitano e bretón".
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto