Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación e degustación

Miles de gandeiros protestan na capital contra o recorte de axudas ao sector cárnico

UU.AA denuncia un "auténtico ataque á viabilidade" destas explotacións das zonas da montaña cos recortes que impuxo a Xunta.

Redacción - 11:45 08/05/2010
O país conta con 20 mil explotacións

O país conta con 20 mil explotacións

Miles de gandeiros maniféstanse este sábado en Compostela, convocados por Unións Agrarias (UU.AA), para protestaren contra o recorte de máis do 30% das axudas ao sector cárnico nas zonas de montaña máis desfavorecidas do país

A marcha comezou as 11.30 horas e partiu da avenida Xoán XXIII en dirección á Consellaría de Medio Rural, na sede da Xunta en San Caetano. A mobilización rematará cunha degustación de carne a partir das 14.00 horas no Recinto Feiral de Amio, onde o cociñeiro Karlos Ibarrondo asará catro becerros.

UU.AA denunciou un "auténtico ataque á viabilidade" deste tipo de explotacións cos recortes que impuxo a Xunta na repartición dos fondos comunitarios Feder, que supuxeron que cada explotación deixe de percibir unha media de seis mil euros.

"O sector cárnico está en crise desde hai 30 anos porque neste momento se está a pagar ao mesmo prezo que hai 27 anos e cando o custo de produción se multiplicou un 400%", afirmou esta semana o secretario xeral do sindicato, Roberto García.

Galiza ten que potenciar o sector cárnico e o mantemento das explotacións agrarias e gandeiras "polos efectos economicamente impagábeis" que teñen en cuestións de sustentabilidade ou de protección ambiental, no mantemento do bosque ou na loita contra o lume, engadiu.

O noso país conta con 20 mil explotacións de carne que producen o 16% das cabezas sacrificadas en todo o Estado (404.554 de 2.506.734, en 2008).


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: