Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFLITO DE COMPETENCIAS

O goberno español anuncia recurso contra a lei de consultas catalá

O executivo de Rodríguez Zapatero considera que só o Estado ten capacidade de convocar referendos.

Redacción - 11:46 23/06/2010
Tags:

O pasado día 8 o Parlamento de Cataluña adimitiu a trámite unha Iniciativa Popular para facer un referendo oficial sobre a independencia deste país. Dende aquel momento, os promotores da IP dispoñían de seis meses para conseguir as 220 mil sinaturas precisas para forzar un pleno onde se votaría a posibilidade convocar un referendo oficial sobre a independencia.

Mais os atrancos xa comezan ben antes. Segundo informa o xornal Vilaweb, o goberno español considera que a lei de consultas pola vía do referendo é inconstitucional e ameaza con recorrela diante do Tribunal Constitucional. De momento, haberá un período de negociación que en caso de non haber acordo levaría ao executivo estatal a presentar un recurso que, automaticamente, bloquearía o proceso da Iniciativa Popular.

O goberno que preside Rodríguez Zapatero reclama a competencia  exclusiva de convocar consultas, segundo o seu posicionamento só as consultas de ámbito municipal se axustan á Constitución.

Poden ampliar en Vilaweb


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: