Cataluña prepara mobilizacións para defender o seu autogoberno logo de que o Tribunal Constitucional tumbase parte do texto aprobado polo Parlament.
Catro anos despois de que os cataláns votasen en referendo a prol dun novo Estatut que avanzaba no autogoberno do seu país, o Tribunal Constitucional pon en pé de guerra á sociedade civil logo de “podar” partes do texto que afectan aos seus símbolos nacionais, á xustiza ou ao financiamento.
A primeira reacción da Generalitat foi un chamamento á sociedade catalana para que o vindeiro 10 de xullo marche polas rúas en protesta contra o que consideran unha ofensa á decisión soberana dos cidadáns.
A poucos meses das eleccións ao Parlament, a sentenza abre unha forte fenda entre o catalanismo e Madrid. Moitos analistas consideran que a decisión do Tribunal Constitucional de restarllle competencias ao texto aprobado por unha amplísima maioría das forzas catalanas.
Poden ver aquí a reacción nos medios de comunicación de Cataluña: