Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENDE AS ESCOLAS

Rosalía, nos ollos dos novos

A piques de se cumpriren os 125 anos da súa morte, o país prepara múltiples tributos. Un exemplo tan pequeno coma simbólico é a homenaxe que lle fan os alumnos de bacharelato do Porriño.

Redacción - 10:57 13/07/2010
Tags:

O vindeiro xoves será o 125 cabodano da morte de Rosalía de Castro. A autora converteuse nun dos principais referentes da nosa literatura, a súa sobresaínte obra poética é recoñecida alén das nosas fronteiras. Mais a escritora que logrou o aplauso unánime da crítica foi tamén, diante de todo, admirada polo mesmo pobo do que beberon tantos dos seus poemas.

Máis aló dos actos institucionais, a efeméride non pasou desapercibida no mundo escolar. Unha fermosa iniciativa é a que puxo en marcha o instituto de secundaria Ribeira do Louro (O Porriño). A súa revista Órbita dedícalle tres páxinas a Rosalía. Os protagonistas son os alumnos de bacharelato que escolleron e comentaron diferentes pezas da obra 'Follas Novas'.

Todo un convite a reler unha obra que tantos anos despois segue a mostrar a súa extraordinaria vizosidade.


5/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: