"Se o asunto curdo se resolve de xeito democrático a través do diálogo, deporemos as armas", afirmou o líder da guerrilla nunhas declaracións á BBC.
Murat Karayilan
Murat Karayilan, líder do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK), asegurou que a guerrilla estaría disposta a depor as armas, logo de 26 anos de conflito, en troques de maiores dereitos políticos e culturais para os curdos baixo goberno turco.
As declaracións, que se produciron nun campo secreto nas montañas do Curdistán baixo goberno iraquí, recólleas esta cuarta feira á BBC. A canle recorda que o PKK é considerada unha "organización terrorista" pola UE e polos EUA.
Karayilan dixo que esta situación se daría, baixo supervisión das Nacións Unidas, previo cesamento do fogo por parte de Turquía, da fin dos ataques contra os civís e dos arrestos de políticos curdos no Curdistán Occidental.
Porén, un portavoz do goberno de Turquía dixo que non teñen "o costume de comentar manifestacións feitas por terroristas". Segundo a BBC, unha declaración unilateral de independencia podería ser vista polo executivo de Recep Tayyip Erdoğan como un avance da guerrilla.