Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: liga-galega-de-trainas

19/Xullo/2010 /

A Liga de Traíñas xa é cousa de dous

O Samertolameu recuperou o liderado esta fin de semana ao impoñerse na XXVI Bandeira Concello do Grove. O Amegrove pasa ó segundo lugar da táboa.


12/Xullo/2010 /

Amegrove anima a Liga Galega de Traíñas

Os remeiros do Grove xa están a dous puntos do Samertolaméu despois da quinta proba da competición, que se disputou na praia de Santa Cristina.


14/Xuño/2010 /

O Samertolaméu de Meira, primeiro líder da Liga Galega de Traíñas

O Náutico de Vigo e o Chapela completan os primeiros postos da competición, que continuará o vindeiro domingo en Esteiro (Muros).


Terceira vitoria de Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras
27/Xullo/2009 /

Terceira vitoria de Cabo da Cruz na Liga Galega de Traíñas

A embarcación feminina de Galiza na Liga Euskotren imponse con superioridade ás de Biscaia, Guipúscoa e Cataluña na Ikurriña de Plentzia.


Liga Galega de Traíñas
22/Xuño/2009 /

O Náutico de Vigo leva a bandeira de Ares

A embarcación viguesa gaña a segunda proba que serve ao Cabo de Cruz para subir até o liderado da clasificación xeral, coa súa segunda posición nesta regata.


traíñas
15/Xuño/2009 /

O C.R. Chapela dá primeiro na Liga Galega de Traíñas

Os redondeláns impuxéronse na súa quenda ao Clube de Remo Cabo de Cruz, e convértense nos primeiros líderes dunha competición que constará de 16 xornadas.


11/Agosto/2008 /

O Náutico de Vigo gaña a bandeira número once da Liga Galega

Aproveitando que os intratábeis, os remeiros de Samertolameu, andaban no Campionato Estatal (que gañaron os cántabros do Astillero), os vigueses impuxéronse na Bandeira de Vilagarcía.


7/Xullo/2008 /

Somertolameu segue mandando

Venceron, por terceira vez consecutiva, na Pobra. Os da liga estatal tamén competiron esta fin de semana en augas galegas, coa rivalidade de Tirán e Cabo de Cruz.


23/Xuño/2008 /

Samertolameu non ten parada

A tripulación do Morrazo gañou tamén a Bandeira de Oleiros, a segunda da liga nacional. Detrás entraron, por segunda vez, o Náutico de Vigo e Chapela.


16/Xuño/2008 /

Samertolameu comeza a impoñer o seu ritmo na Liga Galega de Traíñas

Os de Meira adxudicáronse a primeira proba do campionato, a Bandeira Concello de Ares, con solvencia.


14/Xuño/2008 /

Comeza a Liga Galega de Traíñas

Coa chegada do bo tempo, comezan as ligas e circuítos dos deportes que se practican na auga, como o piragüismo, o remo ou o triatlón (unha terceira parte del).