Dúas mulleres de carácter actuarán a noite do venres no país: Christina Rosenvinge estará na Estrada e Lura en Compostela.
A Rede Galega de Música ao Vivo presenta esta sexta feira 16 de marzo quince concertos.
Esta fin de semana será, sen dúbida, a máis prolífica dos últimos meses no que se refire á programación musical das salas de concertos do país. Expoñemos nada menos que dezaoito actuacións de diferentes estilos e espalladas por toda a nosa xeografía.
As propostas musicais da rede da Consellería de Cultura abranguen rock, pop, jazz e música brasileira, entre outros estilos, nas catro provincias do país.