A revista musical Sono-tone está a buscar cal é o mellor disco galego do ano 2006, para o que ten aberta unha enquisa na súa web. Os internautas poden votar polo seu grupo favorito dunha lista de 48 e, asemade, deixar comentarios. Cando se levan emitidos preto de 600 votos, comparten liderado os grupos 6PM, co seu disco Far from perfect, e Projecto Mourente, con Como os caranguejos, cun 12,3% dos votos cada un. O top 5 complétano Pé de boi, con Ano de brétema, cun 11,8%; The Homens, con #2 (10,3%), e Niño y Pistola, que acada o 8,4% dos sufraxios co seu Como un maldito guisante. A decisión está na man dos lectores.