Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A REVISTA MUSICAL PUBLICA A LISTA DOS MELLORES DISCOS DO 2006

6PM, preferidos dos lectores de Sono-Tone

A revista musical Sono-Tone fixo pública a lista dos mellores discos galegos do ano pasado, segundo os votos dos seus lectores. Dunha lista de cincuenta candidatos, os gañadores foron 6PM, co 8,3% das votacións. A indietrónica de Iván Oubiña e Raúl Mon, no seu disco Far from perfect, editado por Junk Records, foi merecedora do liderado do que a publicación online cualifica como "xurdimento musical" do ano 2006. A produción no noso país multiplicouse espectacularmente, até o punto de que existe unha competencia e variedade de estilos nunca vista antes. Para comprobalo, non hai máis que repasar os dez primeiros da clasificación de Sono-Tone.

- 10:08 10/01/2007
Tags:

O segundo posto, co 8,2% dos votos, ocúpao Niño y pistola e o seu álbum Como un maldito guisante. Ségueos Baixo os eucaliptos, de Projecto Mourente, que acadou o 7,5% dos gustos dos lectores da revista. O cuarto lugar é para Dios ke te crew, con Xénese e o 7,3%. O quinto lugar é para o EP #2 de The Homens, cun 7,2%. O resto da lista dos dez primeiros é:

  1. Samesugas, Alá vai!, 6,8%
  2. Marful, Marful, 6,7%
  3. Sevigny, Melalcoholic, 6,5%
  4. Catpeople, Reel #1, 6,5%
  5. Pé de boi, Ano de brétema, 6,2%
Como mostra, velaquí o vídeo clip de Homemade screener, de 6PM:


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: