Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A Fundación Deporte Galego publica os beneficiarios

Os homes reciben a maioría das axudas ao deporte da Xunta

Os 27 deportistas que obteñen máis diñeiro son todos varóns, a maior parte de disciplinas como o automobilismo, a vela, o squash ou o golf.

Moisés Álvarez - 19:00 01/10/2009
José Luis Abadín é o deportista que recibe unha maior subvención

José Luis Abadín é o deportista que recibe unha maior subvención

A Fundación Deporte Galego acaba de facer pública a listaxe de beneficiarios das axudas para a promoción do deporte en Galiza. Dos 1,5 millóns de euros da convocatoria, máis de un millón repartíronse entre 436 entidades para a organización de eventos, mentres que a cantidade restante destinouse ao apoio a 316 deportistas para a súa participación en competicións. Repartíronse 121 axudas máis que na convocatoria de 2008.

Destes 316 deportistas, só 71 son mulleres, o que representa o 22%. As dúas primeiras deportistas femininas na listaxe atópanse no posto 28º por importe da axuda recibida. Son a piloto de trial Verónica Miguéns e a regatista Margarita Cameselle, con 3.794 euros cada unha.

O deportista que recibe unha axuda máis elevada é o piloto de fórmula 3 José Luis Abadín, con case 14 mil euros. Despois sitúase con 7.500 euros o xogador de squash Borja Golán, e tras el o kitesurfer Abel Lago, os atletas Gustavo Nieves e Santi Perez, o tenista Álvaro Illobre, o alpinista Sechu López, o golfista José Luis Adarraga, os pilotos de automobilismo Diego e Sergio Vallejo, Marcos e Pedro Burgo e Iago Rego, os regatistas Antón Paz e Roberto Bermúdez de Castro e o piloto de motocross Jorge Prado.

As entidades beneficiarias que reciben máis diñeiro, entre 15 mil e 22 mil euros, son o club AMFIV de baloncesto sobre rodas, as escuderías de automobilisimo Rías Baixas, Ferrol e Ourense, a empresa Logística del Deporte, La Cultura y El Ocio, a Asociación Deportiva Arousa Fútbol7 e os entidades de deportes acuáticos C. N. Castrelo de Miño, C. M. D. San Martiño do Grove, R.C.N. A Coruña e S. D. Tirán de Moaña.


Ligazóns

4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: