Este sábado volve a Silleda o cinema a esgalla, cunha nova edición da Maratón de Cinema organizada pola A.S.C. Adellís. Dende a asociación defineno como unha "sobredose de cinema de calidade." O seu obxectivo non é outro que facer do cinema un punto de encontro, un foro de debate e reflexión. Traen os filmes máis premiados do panorama festivaleiro deste ano pasado, e para que as forzas non decaian e os sentidos fiquen ben receptivos, obsequian aos asistentes cun ambigú de balde.
Miradas e perspectivas diferentes ás que Hollywood nos ten afeitos. Neste mes inzado de propostas a través de toda Galiza (o festival de Ourense, Cineuropa en Compostela), Silleda non queda atrás. Alladís quixo homenaxear a uha das grandes figuras do cinema español, que nos deixou este ano: Joaquim Jordá. Autor de documentais tan esclarecedores e impactantes como Mones come la Becky ou De nens, sobre a manipulació do caso Raval, poderemos ver agora Veinte años no es nada, proxectado vinte anos despois de Numax presenta, sobre as protestas na fábrica. O cineasta ofreceu unha das perspectivas máis lúcidas sobre a realidade barcelonesa.
Outros filmes destacábeis foron o transgresor Hard Candy, que estivo en CIneuropa o ano pasado, a impresionante Paradise now, o drama dos terroristas suicidas visto dende dentro, L'enfant, sobre a paternidade prematura dunha parella moi noviña, até Happiness, unha aceda comedia sobre a busca da felicidade.
Programa: